Concello de Catoira
español galego

atrás Actualidade

MERCADO ROMARÍA VIKINGA 2016

03.06.2016

O Concello de Catoira establece as seguintes bases que rexerán a organización e desenvolvemento do mercado da Romaría Vikinga 2016.
  • Para poder instalar un posto en calquera espazo público do municipio de Catoira é necesario facer a inscrición con anterioridade. O formulario de inscrición deberá entregarse debidamente cuberto no Rexistro do Concello, ou ben envialo por fax ao número 986546217 ou ao correo electrónico monica.catoira@gmail.com, indicando no concepto "Mercado Romaría Vikinga".
  • O prazo de inscrición comeza o 3 de xuño e finaliza o 29 de xullo de 2016.
  • As asociacións en activo con sede en Catoira deberán xuntar unha fotocopia do CIF no momento de formalizar a  inscrición.
  • Os postos de alimentación e bebidas deberán manter condicións hixiénicas durante toda a xornada e contar con carné de manipulador de alimentos vixente.
  • No recinto das Torres de Oeste instalarase o mercado medieval. Os postos que desexen acceder a esta zona deberán de cumprir, ademais do anteriormente establecido, o seguinte:
- Os postos teñen que estar acondicionados con materiais da época (madeira, cortiza, teas, canizo) ou, cando menos, non serán visibles para o público outros materiais como plástico ou semellantes.
- Tódalas persoas que atendan os postos teñen que ir vestidos de época obrigatoriamente, coidando tamén os complementos.
  • O persoal do Concello encargado de vixiar que se cumpran as presentes bases poderán requirirlle ó responsable do posto en calquera momento o resgardo da inscrición.

De non cumprir o establecido nas presentes bases procederase ó peche do posto e o responsable do mesmo poderá ser sancionado economicamente e asumirá calquera tipo de responsabilidades que se poidan derivar.

Descargar bases e formulario de solicitude

Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Concello de Catoira - info@catoira.es
Concello, 6 - 36612 - Catoira (Pontevedra)
Tel.: 986 546 014 - Fax: 986 546 217