Concello de Catoira
español galego

atrás Servizos municipais  |  Cultura  |  Oficina municipal de información xuvenil (OMIX)

Rúa do Concello, 14 - 36612 Catoira

Tf. 986 54 68 01

Na oficina pódese consultar información sobre emprego, formación, bolsas, concursos, certames, viaxes, idiomas, etc.

Carné Xove

Na OMIX pódense realizar os trámites para a obtención do carné xove, que lles permite ós seus titulares o acceso a bens e servizos que abranguen tódolos ámbitos: cultural, aloxamento, transportes, comercial, ensino, etc. Así mesmo, os posuidores do carné xove euro<26 teñen un seguro gratuíto que cubre o maior número de continxencias posibles nos desprazamentos para que así poidan facer fronte ós imprevistos que poidan xurdir nos viaxes.

Requisitos: ter entre 12 e 25 anos, ambos incluídos.

Tramitación: É preciso cubrir un impreso, presentar unha foto, unha fotocopia do DNI e pagar 6 euros€.

Duración: este carné ten unha vixencia de dous anos contados a partir da data da súa expedición.

Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Concello de Catoira - info@catoira.es
Concello, 6 - 36612 - Catoira (Pontevedra)
Tel.: 986 546 014 - Fax: 986 546 217