Concello de Catoira
español galego

atrás Servizos municipais  |  Desenvolvemento local  |  Emprego: Departamento de emprego e desenvolvemento

Horario: de 9,00 a 14,30 h. de luns a venres (Casa do Concello).

Funcións:

  • Información, asesoramento e tramitación de tódalas liñas de axudas incluídas nas Políticas Activas de Emprego da Consellería de Traballo (creación de empresas, axudas á contratación; iniciativas locais de emprego, iniciativas rurais de emprego, etc.
  • Organización de accións formativas dirixidas á inserción dos cidadáns no mercado laboral.
  • Información, asesoramento e tramitación de axudas para o proxecto Leader  Ulla-Umia. Este proxecto ten por obxecto acometer conxuntamente, no territorio definido polos concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Portas, Pontecesures e Valga, un plan operativo de desenvolvemento capaz de compatibilizar desenvolvemento sostible e calidade territorial. O proxecto ten un período temporal de aplicación que abrangue os anos 2001-2006. O Leader  pode subvencionar pequenos proxectos empresariais relacionados coa estratexia do proxecto, especialmente aqueles relacionados co turismo rural, turismo activo, agricultura ou gandería biolóxicas, comercialización de produtos agropecuarios e artesanais do territorio, artesanía, etc. Para máis información pódese consulta-la páxina Web: http://www.adr-ullaumia.es/.
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Concello de Catoira - info@catoira.es
Concello, 6 - 36612 - Catoira (Pontevedra)
Tel.: 986 546 014 - Fax: 986 546 217