Concello de Catoira
español galego

Servizos municipais  |  Urbanismo

Horario: martes e xoves de 9h a 14,30h. Casa do Concello.

Funcións:

  • Xestión do planeamento urbanístico e ordenación do territorio.
  • Información urbanística e asesoramento ós cidadáns e entidades privadas.
  • Tramitación e informe de licenzas urbanísticas: obras maiores e menores, primeira ocupación, ocupación da vía pública.
  • Elaboración de proxectos urbanísticos sobre bens mobles e inmobles e servizos públicos.
  • Supervisión e inspección urbanística, declaración de ruína de edificios.

O departamento de Urbanismo do Concello de Catoira acaba de poñer en marcha un pioneiro sistema de presentación e arquivo de proxectos de obras en soporte informático co fin de:

- Reducir o impacto ambiental que supón o consumo de papel, tintas, encadernacións e plastificacións na impresión dos proxectos, xa que estes procesos consomen unha grande cantidade de recursos non renovables como fibras vexetais, auga e enerxía.

- Reducir o espazo dedicado ó arquivo de expedientes de obra no Concello, notablemente superior ó resto dos expedientes que se tramitan no mesmo. (Máis información e normas)

No apartado de descargas (trámites) poderá obter diferentes formularios de solicitudes de licenzas.

Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Concello de Catoira - info@catoira.es
Concello, 6 - 36612 - Catoira (Pontevedra)
Tel.: 986 546 014 - Fax: 986 546 217