Concello de Catoira
español galego

Servizos municipais  |  Atención ó público

Horario: 9,00 – 14,30 h. (de luns a venres); 9,00 – 13,00 h. (sábados).

Ás oficinas de atención ó público accédese polo lateral esquerdo da Casa do Concello. Neste departamento poden realizar consultas e xestións relacionadas coa administración e os servizos públicos.

  • Padrón de habitantes: alta, baixa, cambio de domicilio, certificado de convivencia, certificado de empadroamento.
  • Rexistro: compulsa de documentos, xanela única.
  • Servizos de abastecemento de auga, recollida de lixo e rede de sumidoiros: solicitudes de alta/baixa, cambio de titular, reclamacións.
  • Taxas e impostos: imposto de actividades económicas, imposto sobre bens inmobles, imposto de construción, imposto de vehículos.
  • Domiciliación de recibos municipais.
  • Rexistro de cans perigosos.
  • Licenzas: apertura de actividades clasificadas, espectáculos públicos, apertura de establecementos.

No apartado de descargas (trámites) poderá obter diferentes formularios relacionados con este departamento.

Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Concello de Catoira - info@catoira.es
Concello, 6 - 36612 - Catoira (Pontevedra)
Tel.: 986 546 014 - Fax: 986 546 217